Lenovo presenta o seu casco de realidade aumentada
luns, 13 de maio do 2019
AÃnda
que para usos industriais a solución de realidade aumentada de referencia sexan
as HoloLens,
Lenovo non quere deixar a Microsoft soa neste ámbito, e no marco do encontro Lenovo Accelerate en Orlando
(Florida) presenta
ThinkReality, unha marca baixo a que achegará solucións de realidade
aumentada que facilite recibir asistencia técnica, reducir tempos de reparación,
eliminar erros, axudar en traballos complexos, mellorar a calidade da formación,
facilitar a colaboración e aforrar cartos.
O primeiro produto desta marca de Lenovo será o casco
ThinkReality A6, que co seu peso de 380 gramos permite superpor información
tridimensional sobre a realidade nun campo de visión diagonal de 40 graos e
cunha resolución de 1.080p por ollo. Este produto funciona cun procesador
Qualcomm Snapdragon 845 integrado nunha caixa con Android que é onde está boa
parte da potencia deste dispositivo, permitindo asà alixeirar o casco que se
coloca na cabeza do usuario.
Este casco serÃa moi semellante ás HoloLens, coincidindo na súa principal eiva
(o reducido cambio de visión), e está pensado para que o usuario poida
interactuar mediante ordes de voz, xestos e a mirada, asà como con mandos como
os dos cascos de realidade virtual, adaptándose asà a diferentes situacións.
Para percibir o contorno está equipado cun par de cámaras ollo de pez de 13
MpÃxeles, un sensor de profundidade e unha unidade de medida de inercia, de
xeito que consegue unha visualización tridimensional, mapeado especial,
recoñecemento de obxectos e sobreimpresión de información dixital, ou sexa,
unha experiencia de realidade aumentada que pode resultar moi práctica, e que
coa súa baterÃa de 6.800 mAh poderÃa durar até 4 horas (tempo máis que dabondo
para desenvolver operacións crÃticas sen quedar sen carga).
Polo momento non desvelaron o prezo desta solución de Lenovo, pero a intención
parece clara: ser unha alternativa máis cómoda e lixeira que as HoloLens de
Microsoft (confiándose en que sexa unha solución tamén máis económica en vista
das súas especificacións).