Lenovo presenta lentes de realidade aumentada que proxectan monitores virtuais
luns, 11 de xaneiro do 2021
Afastándose de solucións de realidade aumentada que buscan
interactuar con numerosos contornos para revolucionar o xeito de relacionarnos
co mundo, dende Lenovo son máis conscientes do estado desta tecnoloxÃa e presentan
as lentes conectadas ThinkReality
A3, que buscan basicamente conectarse a un PC ou a certos smartphones de
Motorola a través de USB-C para poder presentar
ao usuario até 5 pantallas virtuais coas que poder traballar.
Estas lentes están equipadas cun procesador Qualcomm Snapdragon XR1, pantallas
estereoscópicas Full HD e unha cámara de 8 MpÃxeles para rexistrar o contorno.
AÃnda que esta tecnoloxÃa pode aplicarse a distintos escenarios, o seu
desenvolvemento inicial limÃtase a ofrecer monitores virtuais que poidan empregarse
dende Windows, conseguindo asà un escenario inmersivo e privado no que poder
desenvolver tarefas de produtividade.
De optar por conectar as lentes a smartphones, a orientación serÃa diferente,
pois poderÃa servir para usos como os que xa están a desenvolverse con HoloLens
e outras lentes de realidade aumentada, ou sexa, para contornos industriais,
laboratorios, hospitais... lugares nos que a realidade aumentada pode axudar
para achegar guÃas de uso e outra información de utilidade para desenvolver
traballos moi especÃficos, e que precisamente son os ámbitos nos que esta
tecnoloxÃa vai avanzando a un ritmo máis pausado, xa que require de moita
investigación e desenvolvemento para desatar todo o seu potencial.
Estas novas lentes de realidade aumentada de Lenovo comercializaranse a partir
de mediados de ano.
VÃdeo de presentación das Lenovo ThinkReality A3