Lenovo pon á venda o portátil de 13,3" máis lixeiro do mundo
luns, 4 de maio do 2015
O novo MacBook é
un dispositivo bastante arriscado, que se ben consegue ser altamente portátil,
adoece dunha falta de portos de expansión que a dÃa de hoxe non parece ser aceptable
para a meirande parte de usuarios, e aà que os equipos que busquen competir con
el vaian noutra dirección, e asà temos o Lenovo LaVie
Z, que consegue ter un peso inferior ao produto de Apple (pesa a partires
de 848 gramos), aÃnda que o seu grosor é superior e, desta volta, non hai
problemas de portos, xa que conta con 2 portos USB 3.0, 1 porto HDMI, lector de
tarxetas SD e tomas para auriculares e micrófono.
O Lenovo LaVie Z está xa dispoñible nos EE.UU. a un prezo que parte dos 1.499
dólares (1.345 euros), de xeito que estarÃa na liña do equipo de Apple (que
parte de 1.449 euros), ofrecendo unhas especificacións bastante interesantes, como
un procesador Intel Core i7 de quinta xeración a 2,4 GHz, até 8 GB de RAM,
gráfica Intel HD 5500, pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 2.560 x
1.440 pÃxeles, SSD de até 256 GB, webcam de 720p, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0 e
unha autonomÃa de até 9 horas coa baterÃa estándar.
Este equipo funciona con Windows 8.1 de 64 bits e serÃa o ordenador portátil de
13,3 polgadas máis lixeiro do mundo, o que parece máis que suficiente como para
ter este equipo en conta á hora de adquirir un ordenador no que o importante
sexa a súa portabilidade.