Lenovo permite configurar os seus novos ordenadores todo-en-un con pantalla táctil

martes, 25 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Lenovo amplía a súa gama de equipos todo-en-un co Lenovo C325, un equipo que destaca por ocupar moi pouco espazo (o que o fai ideal para o fogar), conta con capacidades multimedia (poden converterse no corazón multimedia para a familia) e combina prestacións moi atractivas: pantalla LED de 20 polgadas con opción multi-táctil, gravadora de DVD e sintonizador de televisión (opcionais), saída HDMI, altofalantes integrados con tecnoloxía SRS Premium Sound, procesador de dobre núcleo AMD E450 con gráfica Radeon HD 6320, ata 8 Gb de RAM, ata 1 Tb de disco duro, portos USB 3.0 (opcionais), Wireless N, webcam, lector de tarxetas de memoria 6-en-1 e versións en branco ou negro.
Este interesante equipo pode adquirirse nos EE.UU. a un prezo base de 699 dólares (501,18 euros).

JPEG - 65.4 KB
Os todo-en-un Lenovo C325 poden adquirirse tanto en branco como en negro

PUBLICIDADE