Lenovo comercializará o primeiro smartphone con Tango
venres, 10 de xuño do 2016
Google leva anos
traballando no seu proxecto Tango, que busca que móbiles e tabletas poidan
interpretar o espazo e o movemento, facilitando o modelado do contorno para
permitir o mapeado do interior de edificios e abrirse tamén á interacción dos mesmos;
e agora anuncian que esta
iniciativa vén de dar un grande paso adiante, xa que estrea smartphone
comercial que integra tan tecnoloxÃa, o PHAB2
Pro de Lenovo, que converterase nunha excelente ferramenta para a realidade
aumentada e numerosas utilidades que xurdan ao redor desta tecnoloxÃa
(existindo xa un nutrido
catálogo de aplicacións que fan uso de Tango en Google Play).
O Lenovo PHAB2 Pro é un smartphone con pantalla Quad HD de 6,4 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 652, 4 GB de RAM, 64
GB de almacenamento interno, cámaras de 16 e 8 MpÃxeles (aÃnda que cómpre
detallar que na súa parte traseira conta con tres cámaras para poder capturar a
profundidade do contorno), son 5.1, lector de pegadas dixitais, un grosor de 8,9
milÃmetros e unha baterÃa de 4.050 mAh (con carga rápida). Sairá á venda no
verán a un prezo de 499 dólares e será asà un interesante xeito de avanzar na
realidade aumentada dende o móbil.
VÃdeo promocional do proxecto Tango