Lenovo anuncia o seu tablet de 10,1 polgadas con Android 3.1

mércores, 20 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Lenovo fai oficial o seu novo tablet con Android 3.1, o IdeaPad Tablet K1, un dispositivo con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador nVIDIA Tegra T20 a 1 GHz, ata 1 Gb de RAM, ata 64 Gb de almacenamento SSD, Bluetooth, Wi-Fi N, lector de tarxetas microSD, saída mini HDMI, porto para unha base de conexión, cámaras de 2 e 5 Mpíxeles e máis de 30 aplicacións de balde precargadas (entre os que non faltan xogo como Angry Birds HD, Need for Speed: Shift e Galaxy on Fire 2 THD, o reprodutor musical na nube mSpot, a aplicación de Netflix, distintas aplicacións de ArcSoft, lectores de e-books e mesmo unha solución de seguridade de Norton).
Este tablet é capaz de reproducir vídeo en alta definición a 1.080p, facilita o acceso ás redes sociais a través da exclusiva aplicación SocialTocuh, conta con videoconferencia e integra 2 Gb de almacenamento na nube para fotografías, vídeos e ficheiros. Pretende ser aí un dispositivo tan válido para o lecer como para un uso profesional, e chegará ao mercado norteamericano en agosto (ao resto do mundo chegará antes de rematar setembro) a un prezo de 479 dólares (399 euros no noso mercado) nun modelo con 16 Gb de capacidade, estando tamén dispoñible outro de 32 Gb cun lapis dixitalizador por 589 dólares. Tamén será posible adquirir unha funda de transporte con teclado por 99 dólares.


Paseo en vídeo polo Lenovo IdeaPad Tablet K1

PUBLICIDADE