Lenovo Ophone, o novo móbil chinés con Android

mércores, 17 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 54.2 KB

Pese a que moitos enchan a boca ao asegurar que o T-Mobile G1 é o móbil de Google o certo é que se trata do primeiro móbil fabricado por HTC que incorpora o sistema operativo Android, pero non será o único, polo que nos últimos días xa se escoitou falar de terminais coma o Kogan Agora, o Qiqi-i6 e un móbil que parece máis atractivo que os anteriores, o Lenovo Ophone, que presenta un deseño moi atractivo, o que sorprende por vir da man dun fabricante chinés.
Este terminal ten unha pantalla táctil de grande tamaño, cámara de 5 Mpíxeles (con foco automático e flash), fenda para tarxetas microSD, Bluetooth 2.0 e conectividade TD SCDMA (rede de banda larga móbil instalada en China) pois se trata dun terminal desenvolvido en colaboración con China Mobile, polo que de momento é unha incógnita a posible internacionalización do que parece ser o móbil de Google máis coidado esteticamente que vimos polo momento.

PUBLICIDADE