Lenovo 500e, novo Chromebook para aulas
martes, 23 de xaneiro do 2018
AÃnda que Microsoft Education aposte
por equipos de Lenovo como un xeito de frear o avance dos Chromebooks en
contornos educativos, resulta que Lenovo non casa con ninguén, e o portátil
Lenovo 100e e o convertible Lenovo 300e non se venderán só con Windows 10,
senón que en marzo e febreiro estrearán versións con Chrome OS que custarán 219
e 279 dólares respectivamente.
Adicionalmente tamén vén de presentarse un novo convertible Chromebook, o Lenovo
500e, que sae á venda este mesmo mes por a partires de 349 dólares e que é
un 2-en-1 moi atractivo, cunha pantalla táctil de 11,6 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Celeron N3450, 4/8 GB de
RAM, 32/64 GB de almacenamento interno eMMc, cámara frontal a 720p, cámara
traseira de 5 MpÃxeles, 2 portos USB-C, 2 portos USB 3.0, lector e tarxetas
microSD, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, baterÃa cunha autonomÃa de até 10 horas, un
grosor de 20,35 milÃmetros e un peso de 1,35 quilos que inclúe un lapis dixitalizador
para facilitar o seu uso a xeito de caderno.
Cómpre destacar que este equipo con Chrome OS tamén ten acceso a tenda de aplicacións
de Google Play, o que pode facer que este tipo de ordenadores gocen de grande
popularidade entre os cativos xa familiarizados con numerosas aplicacións
móbiles.
Dado que estamos ante un portátil destinado a cativos, Lenovo optou por
facerlle superar as probas MIL-STD-810G, ou sexa, que é bastante resistente
(soporta caÃdas a 75 centÃmetros de altura) e o seu teclado e touchpad están
selados para poder soportar derramamentos de lÃquidos.
- O Lenovo 500e pode colocarse de distintos xeitos para unha maior versatilidade