Leica presenta un proxector 4K de tiro ultra curto
venres, 2 de setembro do 2022
Leica
Camera AG presentou no marco da feira IFA de BerlÃn un proxector láser de tiro ultra
curto que preséntase como unha solución que fai tanto de televisor de grande
tamaño como de sistema de cine en casa, sendo capaz de proxectar unha pantalla
con resolución 4K cun tamaño de 80 ou 100 polgadas (en función do modelo, cun
brillo de 2.100 e 2.500 lumenes respectivamente), soportando tamén son Dolby
Atmos, co que garante unha calidade audiovisual á altura da marca Leica.
O proxector Leica
Cine 1 promete alta tecnoloxÃa óptica con bo deseño, no que consideran que
é a proposta de futuro da marca de cara ao consumo audiovisual doméstico. O
proxector integra sintonizador de televisión e entradas HDMI e USB para achegar
contidos. Chegarán ao mercado europeo no segundo trimestre de 2023 a prezos que
aseguran que estarÃan bastante por enriba doutras alternativas do mercado de
marcas recoñecidas (partirÃan de 6.900 dólares) deixando claro que estamos ante
un produto orientado a un segmento de luxo.
VÃdeo de presentación do proxector Leica Cine 1