Legend of Zelda: Breath of the Wild será o derradeiro xogo de Nintendo para Wii U
venres, 20 de xaneiro do 2017
As consolas domésticas de Nintendo tiveron unha sorte moi
desigual, de xeito que a clásica Super Nintendo vendera 49,1 millóns de unidades,
a GameCube 21,74 millóns de unidades e a Wii 101,63 millóns de unidades, o que
deixarÃa claro que a GameCube foi un relativo fracaso, polo que o feito de que
a Wii U só vendese 13,36 millóns de unidades até o pasado mes de setembro
levarÃanos a pensar que foi un auténtico desastre, de aà que no sorprenda que
coa chegada da Nintendo Switch o vindeiro 3 de marzo declaren defunta a anterior
consola doméstica.
Ao parecer, a produción da Wii U poderÃa terse detido hai xa bastantes semanas,
e Nintendo non terÃa nin sequera interese en desfacerse do stock, pois durante
o Nadal nin sequera reduciron o seu prezo para liquidala, pese a que o presidente
de Nintendo nos EE.UU., Reggie Fils-Aime, vén de confirmar nun evento en New York
que o xogo que acompañará ao lanzamento da Nintendo Switch, Legend
of Zelda: Breath of the Wild, será o derradeiro
xogo de Nintendo que teña versión para Wii U, o que supón a morte
práctica da consola, que practicamente só ten xogos desenvolvidos polo seu
fabricante.
A Wii U manterase nas tendas durante os vindeiros meses, asà como os seus xogos
en fÃsico e dixital, e aÃnda non definiron o calendario de cesamento dos
servizos en liña da consola en extinción, aÃnda que parece que os xogos Mario Kart e Splatoon poderán seguir xogándose en liña durante bastante tempo.
Dende Nintendo confÃan en que a nova consola teña unha traxectoria moi
diferente á da Wii U, xa que é un produto o suficientemente diferenciado como
para non confundir ao público, e a forza das marcas de Nintendo, xunto co apoio
de bastantes estudios externos poderÃan facer que a Nintendo Switch conseguirse
ser unha máquina de grande éxito pese a non competir en potencia coa PS4 ou a
Xbox One. De feito, a grande dúbida na actualidade é se a Nintendo Switch fará
perigar o futuro da familia da Nintendo 3DS, pois ao ser unha consola doméstica
que pode funcionar como portátil poderÃa vampirizar boa parte do mercado das
portátiles, onde Nintendo continúa a ter bos resultados pese ao impacto dos
smartphones e as tabletas.