Left 4 Dead, tamén en 3D
venres, 6 de febreiro do 2009
A visión
estereoscópica (3D) achegouse en moitas ocasións aos videoxogos, pero moitos
usuarios sorprenderanse ao saber que poden gozar de moitos videoxogos en 3D con
só empregar uns clásicos lentes de cores (vermella e azul) para gozar desta
experiencia nos ordenadores persoais equipados cunha tarxeta gráfica nVIDIA
8xxx ou superior a través dun controlador
desenvolvido por nVIDIA.
Esta funcionalidade está de actualidade porque atoparon o xeito de activala
no popular xogo Left 4 Dead
(que nestes dÃas é posible adquirilo
de oferta por 11,95 euros),
polo que as partidas en rede nas que temos que baternos contra unha horda de infectados gaña moito realismo.
A funcionalidade estereoscópica de nVIDIA, coñecida coma GeForce 3D Vision,
funciona con pantallas
pasivas polarizadas de Zalman, pero tamén nunha pantalla ordinaria
cos lentes antes mencionados, polo que é chegue a un amplo público, que non só
poderá probar esta experiencia con Left 4
Dead, senón que tamén é compatible
cun amplo catálogo de xogos coma Call
of Duty 4, Call of Duty: World at War,
Devil May Cry 4, Fallout 3, Far Cry 2, Mirror’s Edge, Prince of Persia, Tomb
Raider: Underworld ou World of
Warcraft.