Larsa sortea fins de semana no rural para os usuarios de telefonía móbil

mércores, 25 de febreiro do 2009 Raquel Noya

Con motivo do seu 75 aniversario, a empresa láctea dos irmáns Rodríguez López, que botou a andar alá polos anos 30 na nosa terra, vén de por en marcha unha promoción na que agasalla unha fin de semananos mellores aloxamentos de Galicia”, cada día.
Para participar, só se precisa ter un móbil e unha caixa de leite Larsa (de calquera das súas especialidades) cun código de 12 díxitos na parte superior do envase; unha vez localizado o devandito número, os seareiros das escapadas rurais (e tamén do leite) só terán que enviar un SMS co texto LARSA seguido dun espazo e o correspondente código de 12 díxitos, para entrar a formar parte do sorteo de 100 fins de semana que ofrece Larsa.
A promoción desta campaña nos medios audiovisuais vén da man da actriz galega Isabel Blanco, así como nos propios envases e na páxina web, onde se detalla información sobre a promoción, os premios e as propiedades dos produtos ofertados pola leiteira galega.
O custe dos SMS é de 0,60 €+IVE cada un e só é necesario enviar unha mensaxe por código.
Asemade, Larsa permite enviar os códigos de participación vía web, para o que hai que dar o número de móbil do concursante e seguir o procedemento enchendo os recadros coa información requirida.
O período desta promoción remata o vindeiro 30 de xuño.

PUBLICIDADE