Lara Croft and the Guardian of Light terá versión para navegador web
xoves, 28 de xuño do 2012
Durante a conferencia de hoxe no Google I/O, Phil Rogers,
presidente e director xeral de Square Enix para Europa fixo un anuncio
sorprendente para moitos, que é que están a traballar unha versión do xogo Lara Croft and the
Guardian of Light para Google Chrome, demostrando que no navegador é
posible correr un xogo da calidade dunha consola de videoxogos doméstica, pois
non esquezamos que este tÃtulo
estreouse inicialmente en Xbox 360, para pasar logo a PS3 e PC e adaptándose
tamén para dispositivos con iOS.
Este tÃtulo sorprendeu non só por ser o primeiro da franquÃa en non levar por
tÃtulo a marca Tomb Raider, senón
tamén por comercializarse en formato descargable e adoptar unha mecánica de
xogo totalmente diferente ao resto dos xogos de Lara Croft, centrándose na
cooperación para a resolución de quebracabezas e na exploración coa axuda o
guerreiro maia Xolotl. A
versión para Google Chrome chegará antes de rematar o ano, e o usuario non terá
que descargar o xogo completo para gozar do mesmo, xa que correrá directamente
no navegador, o que xa conseguira con éxito Square Enix no mes de marzo levando
a Chrome o xogo Mini Ninjas.
- Lara Croft and the Guardian of Light é totalmente diferente ao resto de xogos da franquÃa Tomb Raider