Land Rover Explore, o novo smartphone para aventureiros

xoves, 22 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Bullitt Group chegou a un acordo con Land Rover para a comercialización dun smartphone para aventureiros, o Land Rover Explore, que céntrase na resistencia e na autonomía, pero mantendo certo equilibrio que permita o seu uso tanto na oficina como en actividades en exteriores.
O Land Rover Explore incluirá un Adventure Pack que permite mellorar o GPS (igualándoo aos dispositivos GPS autónomos), inclúe unha batería adicional de 3.600 mAh e conta con mapas topográficos con realidade aumentada de ViewRanger. No que respecta a resistencia, o teléfono resiste caídas (até 1,8 metros), sobrevive á súa inmersión na auga (incluso salgada) e tamén soporta temperaturas extremas e cambios de temperatura bruscos, estando o seu deseño inspirado o Land Rover Discovery.
Este terminal, presentado na feira ISPO 2018, poderá verse no Mobile World Congress, e está equipado cun procesador MediaTek Helio X27 de dez núcleos, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e batería de 4.000 mAh (aínda que tamén venderán un Battery Pack que engade 4.370 mAh á unidade principal). Sairá á venda en abril e o seu prezo será de 649 euros.

JPEG - 87.1 KB
O Land Rover Explore é ideal para usuarios que precisan dun smartphone resistente e con grande autonomía

PUBLICIDADE