LaCie presenta unha unidade SSD externa con carcasa de aluminio

xoves, 25 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O acabado de aluminio desta unidade externa aporta resistencia e vai a xogo cos portátiles de Apple

LaCie vén de anunciar, xunto con Porche Design, unha nova unidade externa USB 3.0, moi delgada (11 milímetros) e cun deseño elegante que casa moi ben cos portátiles MacBook Pro e MacBook Air, compartindo con estes equipos o seu acabado de aluminio (sendo tamén compatibles con Time Machine). Pero a principal característica da unidade Slim Drive P’9223 é que pode adquirirse cun disco duro de 500 Gb no seu interior a un prezo de 94,99 euros ou cun SSD de 120 Gb por 149,99 euros, conseguindo neste último caso unha elevada velocidades de ata 400 Mbytes/segundo.
Para exemplificar esta velocidade detallan que un vídeo que se transmitiría en 133 segundos un disco duro externo USB 2.0 precisaría de 80 segundos cun disco duro USB 3.0 e só 20 segundos cunha unidade SSD por USB 3.0.

A versión con SSD desta unidade de LaCie ten só 11 milímetros de grosor e 181,44 gramos de peso

PUBLICIDADE