LaCie presenta un disco duro externo con USB-C
martes, 10 de marzo do 2015
Que a aposta do novo MacBook polos portos USB-C vai ser un
atranco inicial é algo sobre o que non hai dúbidas, pero dá a impresión de que
estamos ante un problema que desaparecerá a medio prazo, pois o novo formato
USB ten moitas bazas para imporse dadas as súas vantaxes, e como exemplo temos
que LaCie xa incorpora ao seu catálogo o disco duro
externo Porsche Design Mobile Drive, unha unidade integrada nunha carcasa
de aluminio sólido que destaca especialmente por contar cun dos novos portos
USB-C.
Este novo disco duro casa moi ben esteticamente cos portátiles de Apple e
ofrécese en tres capacidades distintas (500 GB, 1 TB e 2 TB), destacando o
feito de que o de 500 GB é máis compacto (mide 128 x 79 x 11 milÃmetros e pesa
182 gramos) que os modelos de 1 e 2 TB (que miden 130 x 77 x 15 milÃmetros e
pesan 240 gramos).
Estamos ante un disco que promete transferencias de até 100 MB/segundo, que é
compatible con USB 2.0 e USB 3.0 (aparte do pertinente cable USB-C tamén inclúe
un cable adaptador para USB-A), o seu deseño é moi elegante, a carcasa de
aluminio ten un grosor de 3 milÃmetros que achega unha grande protección e é
compatible coa función de copias de seguridade Time Machine de Apple. Tamén
inclúe software para a realización de copias de seguridade automáticas (tanto
para Windows como para OS X), para protexer a información almacenada con
contrasinal e para aforrar enerxÃa (entrando en modo económico cando a unidade
non está en uso, que no caso do modelo de 500 GB traducirÃase no paso dun
consumo en uso de 1,17 watts a só 0,06 watts).
Polo momento non se publican os prezos destas novas unidades que sairán
á venda durante o vindeiro trimestre.
- O novo disco duro de LaCie está deseñado para casar cos portátiles de Apple