La Reina del pueblo e Mataría, grandes vencedoras da oitava edición do Carballo Interplay
luns, 13 de setembro do 2021
- Entrega do premio por Mataría
A
nova edición do festival Carballo
Interplay rematou este sábado entregando os premios desta
convocatoria e reivindicando os novos xeitos de crear e difundir
audiovisual que nos abren, de maneira máis aberta, colaborativa,
dinámica e interactiva, as novas ferramentas tecnolóxicas. A oitava
edición do certame (que viña celebrándose dende o mércores 8 en
Carballo e máis na Rede, a través de streaming) pechou o
pano de fondo coa gala de entrega de premios ás mellores series web
na que triunfaron a revisión post-millennial do costumismo
castizo La Reina del pueblo e o humor repugnante
servido en cómodas doses de Mataría.
O
xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara
Varela e David Fidalgo outorgou a La reina del pueblo os
premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo,
e Mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo.
- O director de La Reina del Pueblo recollendo as súas dúas distincións
O de
Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800
euros e trofeo, foi para Mataría, que tamén recibiu o do
público.
O
premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e
trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo
Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200
euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders.
O
xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto
decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a
Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena
feminista, subversiva e terapéutica.
Recoñecemento
galego
Reunido
en Carballo o xurado composto por Lucía Estévez, Javi Camino,
Andrea Villa e Xose Regueira decidiu outorgar o Premio ao mellor
proxecto de webserie en galego, dotado con 3.000 euros para a
produción dos tres primeiros capítulos, a Pringadas, de
Belén Puime, pola necesidade de contidos en galego enfocados á
xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola
liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos. A serie
estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.
Palmarés
– Mellor
serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para La
reina del pueblo
– Mellor
serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para
Mortal Glitch. Recolle Bastiaan Manitveld
– Mellor
serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e
trofeo, para Mataría. Recolle Javier Seoane
– Premio
do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para
Psicóticas Inseguras. Recolle Pamela Bravo
– Premio
do público, dotado con 400 euros e trofeo, para Mataría
– Premio
a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Raúl
Navarro por La reina del pueblo
– Premio
a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para
Beatriz Abad por Riders
– Premio
ao mellor proxecto a serie web en galego para Pringadas,
de Belén Puime