La LEGO Película estrea videoxogo

venres, 7 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Coincidindo coa estrea de La LEGO Película nos cines españois, chega ás tendas de videoxogos o seu xogo homónimo (que tamén podemos adquirir en formato descargable para Xbox One e ordenadores persoais) para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4, PlayStation 3, PlayStation Vita e Windows PC (as versións para Nintendo 3DS e Wii U tardarán uns días en estar dispoñibles), ofrecendo unha experiencia LEGO sen precedentes, pois en vez de limitarse a unha franquía como os xogos da marca anteriores, deste volta permite somerxerse nunha aventura na que tecen moitos dos elementos das anteriores entregas para goce dos seareiros destas franquías de tanto éxito.

No xogo de La LEGO Película non faltan personaxes de anteriores películas e xogos de LEGO como Batman

No xogo baseado na divertida película das figuras de LEGO adoptaremos o papel de Emmet, unha mini figura de LEGO confundida por erro con O Especail, un personaxe profetizado como o salvador do mundo e que o liberará das mans dun tirano de LEGO. Utilizando as habilidades de máis de 90 personaxes inspirados na película (nos que non faltan figuras como Superman, Batman ou Wonder Woman) os xogadores deberán superar 15 divertidos niveis nas versións de sobremesa e 45 misións nas versións portátiles.

Emmet deberá salvar o mundo dun tirano nesta aventura


Trailer do videoxogos inspirado en La LEGO Película

PUBLICIDADE