LG sorprende cun potente tablet Android con procesador Intel
luns, 28 de xullo do 2014
Nun momento no que chegan ao mercado
numerosos tablets de grande potencial con Windows 8 e procesadores Intel para
poder correr versións completas de Windows 8, dende LG sorprenden cun novo Tab Book, un
tablet con pantalla IPS de 11,6 polgadas e resolución Full HD que funciona cun
procesador Intel Core i5 a 2,6 GHz e 4 Gb de RAM, que vén podÃa servir como un
portátil ordinario, pero que sorprende por vir equipado con Android 4.2.2.
Este curioso equipo tamén ten unha unidade de almacenamento interna SSD de 128
Gb, USB 3.0, saÃda HDMI, lector de tarxetas micro SD, un grosor de 16,7
milÃmetros e un peso de 1,05 quilogramos, polo que completa unhas
especificacións máis propias dun Ultrabook que dun tablet co sistema operativo
de Google, que con esta configuración parece buscar empregarse con teclado
externo para tarefas de produtividade, para as que resulta un tanto difÃcil
xustificar a compra dun produto cunhas prestacións tan elevadas.