LG renova o seu smartphone con stylus
martes, 16 de febreiro do 2016
Un dos smartphones que LG vai achegar a Barcelona a semana
que vén será o LG
Stylus 2, unha revisión do LG G4 Stylus que presenta unha pantalla de 5,7
polgadas e un lapis dixitalizador que facilita a toma de notas e a realización
de debuxos. O software do terminal adaptouse para que, cando se extraia o lapis
da súa rañura aparezan atallos a aplicacións para tomar notas, á vez que tamén
presentará unha mensaxe en pantalla alertando cando o teléfono está en
movemento e a rañura do lapis está baleira (evitando asà que se extravÃe o
accesorio).
Este novo smartphone reduciu o seu grosor fronte ao seu predecesor até os 7,4
milÃmetros, e contén o seu peso en 145 gramos (bastante lixeiro se temos en conta
as súas dimensións). Presenta un marco metálico, pode ampliarse a súa
capacidade interna mediante tarxetas microSD e a súa baterÃa é dunha capacidade
máis que aceptable (3.000 mAh).
O LG Stylus 2 non é un dispositivo de elevadas prestacións, limitando o seu
procesador a un catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 GB de RAM, 16 GB de almacenamento
interno e unha pantalla cunha resolución de só 1.280 x 720 pÃxeles, de xeito
que enténdese que estamos principalmente ante un dispositivo que busca vender
polo seu elegante acabado e por contar con stylus.
Venderase en cor titán, branca e marón.