LG presenta un televisor que recibe os sinais de audio e vÃdeo sen fÃos
mércores, 4 de xaneiro do 2023
Un dos
produtos máis curiosos que está a amosar LG estes dÃas en Las Vegas é o novo
televisor LG
Signature OLED M (modelo M3), descrito pola compañÃa como o primeiro televisor
de consumo con tecnoloxÃa Zero Connect, unha solución sen fÃos capaz de
transmitir audio e vÃdeo até 4K a 120 Hz, que xunto á tecnoloxÃa OLED do seu
panel achega unha experiencia sen igual.
Este novo televisor, en vez de contar cunha chea de conectores na súa parte
traseira para consolas de videoxogos, receptores de televisión de pagamento e
outros trebellos, emprega para tal finalidade cunha caixa externa coa que se
comunica sen fÃos, de xeito que a súa grande pantalla de 97 polgadas pode lucir
o seu deseño minimalista dun xeito limpo e sen distraccións, á vez que ten unha
enorme versatilidade, xa que pode colocarse case en calquera recuncho do fogar,
xa súa posición non depende da posibilidade de acomodación doutros
dispositivos.
A caixa na que conectamos as fontes de vÃdeo do televisor tamén incorpora
tecnoloxÃa de recoñecemento de voz, de xeito que a pantalla pode reaccionar ás
nosas ordes faladas, o que incrementa aÃnda máis as súas posibilidades.
- O deseño do televisor faino especialmente atractivo para penduralo na parede coma se fose un cadro