LG presenta un monitor curvo de 49 polgadas para xogadores
mércores, 10 de maio do 2023
LG vai pór á
venda este mes en Europa o seu novo monitor para xogadores LG
UltraGear 49GR85DC que presenta unha impresionante pantalla curva de 49
polgadas cunha relación de aspecto de 32:9 (ou sexa, o equivalente a 2
monitores convencionais) cunha velocidade de refresco de 240 Hz, polo que sería
ideal para os xogadores máis esixentes que queiran gozar de experiencias moi
inmersivas, aínda que tamén pode resultar práctico para a produtividade, ao facilitar
a multitarefa aproveitando a largura do seu panel.
A pantalla de 49 polgadas ten unha resolución de 5.120 x 1.440 píxeles e unha curvatura
de 1000R. Ofrece imaxes vibrantes e un potente brillo como garante a súa certificación
VESA DisplayHDR 1000. Tamén integra as funcións de Picture-in-Picture (para
presentar como unha fiestra flotante o contido que chegue dunha segunda entrada
de vídeo) e Picture-by-Picture (que divide a pantalla en dúas partes).
O novo monitor conta con DisplayPort 1.4 e HDMI 2.1, e incluso é compatible con
DTS Headphone:X (permitindo son tridimensional a través de auriculares con
cable).