LG presenta pantallas LCD de só 5,9 milímetros de grosor

martes, 19 de maio do 2009 Marcus Fernández

LG presentou os televisores LCD Full HD de 42 e 47 polgadas máis delgados do mundo, pois grazas ao uso de retroiluminación LED conseguiron que os paneis LCD tivesen un grosor de só 5,9 milímetros, o que tamén permitiu un incremento do seu rendemento na presentación de cores e unha redución do seu consumo ata 110 W (no modelos de 42 polgadas) e 130 W (no de 47 polgadas).
Polo momento aínda non se coñece cando chegarán ao mercado estas pantallas, pero queda claro que supoñen un interesante avance neste tipo de produtos, sendo tamén destacables por incorporar tecnoloxía de 120 HZ (para reducir os rastros deixados polo movemento en pantalla) e por manter o seu peso nun ridículos 6,1 e 7,3 quilogramos para os 2 modelos mencionados, o que está bastante lonxe dos 20-30 quilos que pesan normalmente as pantallas deste tamaño.