LG presenta novos monitores Nano IPS con Thunderbolt 3

xoves, 21 de decembro do 2017 Marcus Fernández

Parece que 2018 vai ser o ano dos monitores con HDR, e para comezar con bo pé LG vai levar so CES de Las Vegas os seus novos monitores con tecnoloxía Nano IPS e conectividade Thunderbolt 3 que prometen unha calidade de imaxe destacable, un magnífico desempeño e unha grande versatilidade. Os novos televisores contarán con soporte HDR600, constantando que o seu nivel de rango dinámico chega a elevadas taxas de brillo.
O primeiro monitor desta nova xeración será o LG 32UK950, unha pantalla de ultra alta definición cunha diagonal de 32 polgadas que pode amosar un 98% do espectro de cor DCI-P3, de xeito que podería compararse aos monitores profesionais empregados para editar películas cinematográficas. O seu brillo máximo de 600 candelas tamén é impresionante, e para unha maior versatilidade integra Thunderbolt 3, de xeito que podería conectarse por este tipo de cable a un portátil MacBook Pro sendo capaz de empregar o mesmo cable para transmitir vídeo 4K, son e corrente, simplificando o espazo de traballo.
O outro monitor sería o LG 34WK95U, que contaría practicamente coas mesmas prestacións, pero adoptaría un formato diferente, xa que tería un panel 21:9 cunha resolución de 5.120 x 2.160 píxeles, o que podería chamar 5K ultrapanorámico, contribuíndo así ao uso de escritorios informáticos moi prácticos para a multitarefa, de xeito que o agradecerán editores de vídeo, fotógrafos e desenvolvedores de software.

PUBLICIDADE