LG porá á venda en setembro o seu televisor 3D de 84 polgadas

mércores, 22 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O novo televisor poderase ver na feira IFA de Berlín

Quecendo motores de cara á feira IFA de Berlín LG anuncia que o seu novo televisor 3D de ultra alta definición e 84 polgadas de diagonal estará dispoñible en tendas europeas dende o mes de setembro, o que permitirá atender á demanda de televisores de grande tamaño, que nesta ocasión conseguen casar cunha resolución de pantalla moi superior ao que estamos afeitos (3.840 x 2.160 píxeles) e coa vantaxe adicional de contar coa tecnoloxía LG Cinema 3D, que permite empregar lentes activas para ver comodamente contidos estereoscópicos coma se estivésemos nunha sala de cine.
O novo televisor tamén ten funcionalidades de Smart TV, o que permítelle empregar unhas 1.400 aplicacións, así como acceder á canle de contidos 3D World (para cubrir a carencia de vídeo tridimensional). Entre as súas funcionalidades tamén está a de facilitar o achegamento de contidos dende dispositivos móbiles e unidades de almacenamento externas, e incluso é compatible coas funcións de Dual Play que soportan algunhas consolas de videoxogos (que permiten xogar a dous usuarios á vez a pantalla completa baseándose na tecnoloxía empregada para as proxeccións 3D).

O novo televisor de LG sorprende polo seu grande tamaño

PUBLICIDADE