LG mellora o seu smartphone con stylus

mércores, 1 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Tras sorprender LG coa incorporación da tecnoloxía DAB+ no seu LG Stylus 2, optan por renovar o dispositivo cunha versión que mellora a experiencia de usuarios e que sae hoxe á venda en Taiwán, chegando en poucas semanas ao resto do mundo. O novo LG Stylus 2 Plus vai na liña do seu predecesor, cunha pantalla Full HD IPS de 5,7 polgadas (que antes só tiña unha resolución de 1.280 x 720 píxeles) e un lapis dixitalizador como sistema de control, pero desta volta móvese cun potente procesador de oito núcleos a 1,4 GHz e a súa cámara traseira chega até os 16 Mpíxeles quedando a cámara frontal con até 8 Mpíxeles. Con respecto ás cámaras cómpre salientar que ambas teñen flash, conseguindo así fotografías e vídeos máis nítidos en malas condicións de iluminación.
Outros detalles deste smartphone é que contará con versións con 2 ou 3 GB de RAM, 16 ou 32 GB de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, lector de pegadas dixitais, LTE e batería extraíble. Comercialízase en cor titán, ouro ou marrón, o seu grosor é de só 7,4 milímetros, o seu peso de 145 gramos e, para completar este atractivo smartphone, temos que funciona con Android 6.0, de xeito que estamos un dispositivo que chega á última, mantendo o seu prezo nun rango máis contido que o dos seus principais competidores.

PUBLICIDADE