LG consegue fabricar paneis OLED enrolables de 18 polgadas

xoves, 10 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Engadget desvelou que LG Display está a facer grandes avances na súa tecnoloxía de pantallas flexibles, anunciando que xa é capaz de construír paneis OLED de 18 polgadas coa flexibilidade suficiente como para poder enrolarse nun tubo de só 3 centímetros de diámetro. Tal prototipo tería unha resolución de 1.200 x 800 píxeles e tería unha película de poliamida na súa parte traseira en vez do plástico habitual, o que contribúe á súa flexibilidade e tamén reduce o seu grosor.
LG tamén presentou un novo panel OLED transparente que triplica a transmitancia das actuais pantallas LCD deste tipo. Dende a dirección dos laboratorios da compañía surcoreana aseguran confiar en que en 2017 será posible chegar a facer panel flexibles de ultra alta definición e OLED transparentes de máis de 60 polgadas, dando a entender que os televisores enrolables estarían máis preto do que pensamos.

LG Display tamén está a mellorar os seus paneis OLED transparentes

PUBLICIDADE