LG anuncia o seu móbil con Android

luns, 14 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano LG reforza a súa oferta de terminais telefónicos co seu primeiro móbil con Android, o LG GW620, que conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas, un teclado deslizante QWERTY e unha cámara de 5 Mpíxeles, o que non impide que a compañía vaia comercializar como mínimo 13 novos smartphones baseados en Windows Mobile 6.5 nos vindeiros 16 meses.
O LG GW620 chegará o mercado europeo no último trimestre do ano, e pretende satisfacer aos profesionais que buscan un terminal cun teclado completo, así coma un sistema operativo orientado á Internet.

PUBLICIDADE