LG anuncia a segunda xeración dos móbiles Optimus L
luns, 11 de febreiro do 2013
Tras vender máis de 10 millóns de terminais da familia
Optimus L, dende
LG anuncian unha nova xeración destes smartphones con Android, que amosarán
no Mobile World Congress, e coa que buscan conservar a elegancia dos anteriores
dispositivos pero engadÃndolles detalles que os doten de máis personalidade.
Aparte da estética, os LG Optimus L SeriesII tamén incluirán software de LG
como QuickMemo (para tomar anotacións escritas), Quick Button (para establecer
atallos para unha apertura rápida das aplicacións que desexemos) e Safety Care
(que permite personalizar avisos a outras persoa no caso de emerxencia), pantallas
IPS de lata resolución e unha maior autonomÃa das súas baterÃas. Tamén estarán
dispoñibles en versión con dobre SIM.
- Os novos móbiles chegarán con pantallas de 3,2, 4 e 4,3 polgadas
O Optimus L7II chegará cun procesador Qualcomm MSM8225 de dobre núcleo a 1 GHz, 768 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD, pantalla IPS de 4,3 polgadas con resolución WVGA, cámaras de 8 e 0,3 MpÃxeles, Android 4.1 e unha baterÃa de 2.460 mAH. Pola contra, o Optimus L5II confórmase cunha pantalla WVGA de 4 polgadas e baterÃa de 1.700 mAh, mentres que o Optimus L3II terá pantalla QVGA de 3,2 polgadas e baterÃa de 1.540 mAh.