LG achegará a Europa un móbil con sintonizador de TDT

mércores, 14 de maio do 2008 Marcus Fernández

Estamos afeitos a ver cómo os fabricantes asiáticos lanzan móbiles con televisión soportando estándares non dispoñibles en Europa, pero LG co seu novo BH620T nos sorprende xa que o terminal inclúe sintonizador DVB-T, ou sexa, que permite recibir televisión dixital terrestre sen ter que agardar a que se implante a versión móbil da mesma (baixo o estándar DVB-H).
O novo móbil comezará a venderse en Alemaña a través de T-Mobile, Vodafone e O2, para chegar a outros países europeos en breve, e non só conta con televisión (o que tamén é unha función bastante limitada, pois só funcionaría onde o sinal da TDT fose de suficiente potencia como para operar sen unha antena doméstica), senón que tamén ten funcións de reprodución multimedia, cámara de 2 Mpíxelese conectividade Bluetooth 2.0 e HSDPA.

PUBLICIDADE