LG KF510 agrada polo seu deseño e reducido grosor

mércores, 13 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

LG achegou ó Mobile World Congress de Barcelona os seus novos e estilizados terminais telefónicos entre os que destacamos o LG KF510 polo seu atractivo deseño, pois este móbil con teclado deslizante ten un grosor moi reducido (10,9 milímetros) e unha estética claramente dirixida a un público novo, que moitos consideran que será o sucesor do popular LG Chocolate.
Este móbil conta con controis táctiles retroiluminados baixo á súa pantalla, conta con carcasa metálica, reprodutor multimedia, cámara de 3 Mpíxeles con estabilizador de imaxes e flash con redución de ollos vermellos. Venderase a partires do vindeiro mes en cores vermella e gris.

PUBLICIDADE