LEGO Harry Potter: Años 1-4 estrea demo para Xbox 360

luns, 7 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O día 25 chegará ás tendas españolas o xogo LEGO Harry Potter: Años 1-4, desenvolvido por TT Games e que recollerá as aventuras do neno mago creado por J. K. Rowling nos catro primeiros libros/películas dándolle a aparencia de figura de LEGOe que chegará para Nintendo DS, PSP, PC, PlayStation 3, Wii e Xbox 360, aínda que os usuarios Gold desta última plataforma poden, dende esta mesma tarde, descargar de balde a versión de demostración deste título que permitirá elixir entre máis de 100 personaxes (entre os que non faltan Harry, Ron e Hermione), construír obxectos con maxia e lanzar feitizos. Os usuarios de PlayStation 3 e PC tamén poderán gozar da demo a finais de mes.
LEGO Harry Potter: Años 1-4 permitirá explorar contornos interactivos (coma o castelo de Hogwarts, a fraga prohibida, ou a vila de Hogsmeade), converter ao protagonista en mago (asistindo a clase, lanzando feitizos, mesturando pocións, voando en escobas e desenvolvendo tarefas para gañar puntos) e incluso permitirá xogar en modo cooperativo de ata 2 xogadores.

PUBLICIDADE