LEGO Batman 2 lidera as vendas de videoxogos en Reino Unido por 5ª semana consecutiva

luns, 23 de xullo do 2012 Marcus Fernández

As vendas de videoxogos no Reino Unido tenden a servir de bo reflexo do éxito de certos títulos no Vello Continente, e esta semana podemos destacar que en terras británicas o xogo LEGO Batman: DC Super Heroes conseguiu converterse no primeiro xogo do ano capaz de ocupar a primeira posición das vendas durante 5 semanas consecutivas. Se miramos o resto de vendas da semana pasada no Reino Unido vemos que a LEGO Batman 2 síguelle o xogo oficial das Olimpíadas, Tom Clancy’s Ghost Recon: Future Soldier, o xogo da última película de Spider-Man e o xa veterano Call of Duty: Modern Warfare 3.
De todos os xeitos cómpre destacar que LEGO Batman 2 non lidera as vendas para ningunha consola, pero está nas primeiras posicións en todas, demostrando que a súa aposta multi-plataforma é todo un acerto.
Nos últimos días o xogo de TT Games tamén estreou contidos descargables, que corresponden a 2 paquetes con novos personaxes a un prezo en Xbox LIVE de 160 puntos Microsoft (1,92 euros) que nun caso incluirían 5 heroes descargables (Nightwing, Katana, Shazam, Zatanna e o último Robin) e 5 viláns (Capitán Frío, Black Adam, Black Manta, Bizarro e Gorilla Grodd), e que tamén están dispoñibles para PlayStation 3.

LEGO Batman 2: DC Super Heroes vén de estrear 2 paquetes descargables de personaxes

PUBLICIDADE