LEGO Batman 2: DC Super-Heroes</Em> estrea trailer

xoves, 15 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O xogo LEGO Batman 2: DC Super-Heroes vén de estrear un novo trailer, o que contribúe a crear expectación ao redor deste xogo prometedor que chegará ás tendas este mesmo ano, e que non só contará as aventuras de Batman e Robin, senón que nun momento dado precisarase da axuda de Superman para poder facer fronte aos numerosos inimigos que se xuntan contra os heroes protagonistas, o que permitirá incluso voar, engadindo un elemento que fará que este título destaque fronte ao resto de xogos da franquía de LEGO.

JPEG - 54.7 KB
Os poderes de Superman engadirán diversión e variedade ao xogo

Temos así que a secuela de LEGO Batman traerá moitas novidades grazas á incorporación de Superman, polo que, aparte de voar, tamén poderemos empregar a visión calorífica, conxelar obxectos co superalento e empregar a superforza; mentres que Batman e Robin tamén contarán con distintos traxes que permitiranlles gozar de certas habilidades especiais, de xeito que a variedade do xogo está garantida, converténdose nun título moi recomendable para toda a familia, para o que aínda teremos que agardar varios meses.


Novo trailer de LEGO Batman 2: DC Super-Heroes

JPEG - 131.2 KB
Superman xuntará forzas co dúo dinámico

PUBLICIDADE