Kouziro Frontier: un novo portátil lixeiro a un prezo moderado
venres, 14 de marzo do 2008
Ó Asus Eee PC estanlle a aparecer moitos competidores, e agora
parece que é o Macbook Air de Apple o que tamén se ten que enfrontar a outros
portátiles que destacan polo seu lixeiro peso, aÃnda que neste caso se acada a
un prezo moi competitivo, pois o Kouziro
Frontier se vende no Xapón a 129.799 iens (827,40 euros) fronte ós dende
1.649 euros do equipo de Apple.
- O Frontier é realmente un equipo lixeiro
AÃnda que o Frontier non destaca polas súas elevadas prestacións, nin é máis
delgado que o Macbook Air, o seu peso é máis reducido, e nos seus 1.249 gramos
incorpora unha pantalla de 12,1 polgadas (con iluminación LED), un procesador
Intel A110 a 800 MHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 80 Gb,1 porto PCMCIA, saÃda de
monitor, módem, Ethernet, lector de tarxetas de memoria e 3 portos USB. No
tocante á súa autonomÃa, tampouco queda mal parado, chegando a unhas 4 horas.
O novo equipo da serie FRLN resulta bastante completo en prestacións, aÃnda que
o seu procesador é posiblemente o seu talón de Aquiles (elemento que poderÃa
non resultar crucial para o uso en mobilidade). Tamén destaca por ter un
teclado resistente a salpicaduras, un disco duro con protección contra caÃdas e
un lector de pegadas dixitais, caracterÃsticas pouco habituais nun equipo desta
gama de prezo.