Knack 2 sae á venda en exclusiva para PS4

xoves, 7 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Un dos xogos de lanzamento da PlayStation 4 foi Knack, recoñecido pola crítica como un grande título, pero que non conseguiu as boas vendas que merecía, o que posiblemente arranxe a súa secuela, Knack 2, videoxogo que xa está á venda para PS4 a un prezo de 39,99 euros, contando tamén con versión de demostración de balde, polo que pon moito da súa parte para que usuarios de todo o mundo dean unha oportunidade a esta orixinal proposta na que hai que resolver quebracabezas, controlar robots e tanques, recoller reliquias... para salvar o mundo das garras do mal.
Knack 2 conta con modo cooperativo para animar así aos xogadores a gozar deste título en compañía, que evolucionou dende a súa anterior entrega para non ofrecer principalmente combates, senón que foi incorporando detalles para facer máis rica a experiencia de xogo. Ao ter pasado anos dende Knack, a nova entrega tamén ofrece uns gráficos moito máis coidados, así como uns movementos máis fluídos e rápidos, detalles que no caso da PS4 Pro aínda son máis visibles, xa que esta produción sabe aproveitar a consola doméstica máis potente de Sony.

Unha das grandes apostas de Knack II é o seu modo cooperativo

Tráiler de Knack 2

PUBLICIDADE