Kirby e Animal Crossing chegarán en breve á Wii

xoves, 31 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios da Nintendo Wii verán coma nos vindeiros meses aparecerán no mercado distintos títulos moi interesantes para a súa consola, pois Nintendo anunciou as franquicias que continuarán a primeiros deste ano na súa consola, coma Metroid Prime 3 ou Mario Kart Wii, aínda que os xogos que máis expectacións están a espertar son Animal Crossing e Kirby.
Animal Crossing foi un dos títulos de máis éxito para DS, e o seu salto á Wii podería beneficiarse das posibilidade de WiiConnect 24, mentres que Kirby xa leva preto de vinte entregas dende 1992.
Aparte destes títulos tan atractivos, Nintendo tamén confirmou que este ano sairá Wii Music, un orixinal simulador de director de orquestra que sen dúbida dará un bo uso ó mando da Wii.

PUBLICIDADE