Kinect chegará a Europa en novembro
martes, 20 de xullo do 2010
A falta de
confirmación por parte de Microsoft, parece ser que a data de lanzamento de
Kinect, a cámara con micrófono e detección de movemento que revolucionará o
sistema de xogo e a interface de uso da Xbox 360 poderÃa
saÃr en Europa o vindeiro 19 de novembro a un prezo de
159,99 149,99 euros,
se atendemos a datos
publicados pola tenda en liña Shopto, que xa acepta reservas e
comprométese a entregar o periférico con
antelación aos usuarios que o reserven.
Esta información axústase bastante ben ao que vénse a rumorear nas últimas
semanas, e aÃnda que o prezo de Kinect pareza moi elevado, dende Microsoft
insisten en que con esta solución non é preciso ningún mando adicional (nin
cargadores de baterÃas), mentres que os seus competidores teñen certos custos ocultos, posto que para o uso da
consola por parte de varios xogadores é preciso adquirir mandos adicionais a
prezos bastante elevados (no caso da Wii achegarÃase aos 80 euros e co PlayStation
Move estarÃa preto dos 70 euros).
ACTUALIZACIÓN: Microsoft vén de confirmar que o prezo de Kinect será de 149 euros (incluÃndo o xogo Kinect Adventures), e sairá en novembro (sen concretar exactamente o dÃa). Tamén anunciaron que en agosto chegará ao mercado español unha nova Xbox 360 cunha unidade de disco de 4 Gbytes por 199,99 euros.