Killzone 3 terá soporte de 3D
martes, 25 de maio do 2010
Os afeccionados aos shooters que
teñen a consola PlayStation 3 sitúan entre os seus tÃtulos de referencia a Killzone 2, que grazas ao seu
funcionamento on rails, acada unha
experiencia de usuarios case cinematográfica, e incluso antes da celebración do
E3 xa sabemos que vai contar cunha secuela de grande calidade, que terá unha
ambientación variada (dende terreos post-nucleares ata selvas) e que incluso fará
uso de tecnoloxÃa de visualización 3D se gozamos dun equipo que a soporte.
Dende Guerrilla Games non quedan aÃ, e aseguran que este
novo tÃtulo levará a carga das SPU da PS3 ao 100%, conseguindo que a
consola de Sony dea o seu máximo rendemento. Incluso contará cun mapa que será
10 veces maior que os niveis estándar de Killzone
2, de xeito que chegan a un nivel de aproveitamento técnico inédito, aÃnda
que ata que o produto final sexa unha realidade será difÃcil crer as
declaracións dos programadores do xogo, que xa esaxeraran ao presentar a
anterior entrega da saga, dando a entender que un vÃdeo pre-renderizado
corresponderÃa a imaxes in-game,
aÃnda que o feito de que a xente de Naughty Dog (creadores de Uncharted) vaian colaborar con Guerrilla
Games no desenvolvemento de Killzone 3
válelles un voto de confianza.