Killer Instinct terá edición en soporte físico

venres, 1 de agosto do 2014 Marcus Fernández

A Xbox One empregou como un dos seus reclamos iniciais o xogo Killer Instinct, unha revisión exclusiva do clásico xogo de loita co mesmo título, que pode xogarse de balde, aínda que tendo que pagar para desbloquear loitadores (inicialmente xogábase de balde con Jago e logo mudouse a Sabrewulf) pero a súa popularidade está a levar aos Microsoft Studios a optar por preparar unha edición do xogo en soporte físico, que chamaríase Killer Instinct: Combo Breaker Pack e comezaría a venderse o 23 de setembro ao prezo reducido de 19,99 dólares.
Esta edición do xogo incluirá os 8 loitadores da primeira tempada (Jago, Sabrewulf, Glacius, Thunder, Sadira, Orchid, Spinal e Fulgore) e un código de descarga para un loitador adicional na segunda tempada que sairá a finais de ano.

PUBLICIDADE