Kid Icarus: Uprising terá modo multixogador

martes, 27 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Cando o pasado mes de marzo presentouse en Madrid a consola portátil Nintendo 3DS puido verse unha versión de demostración do xogo Kid Icarus: Uprising, que debería ter saído antes do verán, pero pouco a pouco foise adiando este lanzamento ata chegar a considerarse un título maldito, pero finalmente vemos luz ao fondo do túnel, pois na última entrega de Nintendo Direct, o propio Satoru Iwata confirmou que o agardado xogo estrearase no Xapón o 22 de marzo de 2012, para chegar ao mercado europeo un pouco despois.
Aparte da confirmación de que o xogo será realidade, Iwata tamén anunciou detalles como que vai contar cun modo multixogador tanto local como a través da Internet en batallas de 3 contra 3 ou nun modo de Battle Royale (todos contra todos). Esta información está dando a entender que a espera polo xogo pagará a pena, e podería converterse nun dos grandes xogos para 3DS, sempre que o xogo consiga un sistema de control óptimo (¿compatible co Botón Deslizante Pro?), algo do que carecía a versión que puidemos ver en Madrid.

O xogo combinará combates aéreos con aventuras en terra firme

PUBLICIDADE