Kanex estrea un convertedor de SlimPort a HDMI

martes, 6 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Dispositivos como o Nexus 4, o Nexus 7 ou o Asus PadFone Infinity contan con saída MHL 2.0, de xeito que é posible amosar os contidos da súa pantalla nunha pantalla externa, e para facilitar tal prestación Kanex pon á venda un adaptador SlimPort a HDTV que unha vez conectado ao móbil ou tablet, permite que o conectemos a un televisor de alta definición cunha resolución de 1.080p e 8 canles de son dixital envolvente.
Amais, para evitar que o noso dispositivo quede sen batería durante o seu uso para demostracións ou para a reprodución multimedia, o adaptador conta cunha entrada microUSB, para poder operar como cable cargador á que que fai de saída multimedia.
Este adaptador de microUSB a HDMI non precisa controladores para operar, é compatible cun número crecente de dispositivos (entre os que non só están trebello con Android, senón tamén con Windows 8) e o seu prezo é de 29,95 euros.

PUBLICIDADE