Just Dance 2015 chega ás tendas o vindeiro venres

mércores, 22 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro venres está prevista a chegada ás tendas do xogo de baile do ano, Just Dance 2015, que una ano máis busca arrasar en vendas coas súas divertidas coreografías para numerosas cancións de éxito, contando como grande vantaxe fronte a títulos que podemos considerar superiores (como a franquía de Dance Central) o ser multi-plataforma (que aí que superarse a barreira dos 50 millóns de unidades vendidas), de xeito que usuarios de PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii e Wii U poderán gozar deste título que non confirmou a súa listaxe de temas musicais incluídos até o mes pasado:

“Bang Bang” – Jessie J, Ariana Grande & Nicki Minaj
“She Looks So Perfect” – 5 Seconds of Summer
“Problem” – Ariana Grande Ft. Iggy Azalea and Big Sean
“4×4” – Miley Cyrus
“Best Song Ever” – One Direction
“Happy” – Pharrell Williams
“Till I Find You” Austin Mahone
“Addicted To You” – Avicii
“Black Widow” – Iggy Azalea Ft. Rita Ora
“Maps” – Maroon 5
“Birthday” – Katy Perry
“Bad Romance” – Lady Gaga
“Built For This” – Becky G
“Holding Out For A Hero” – Bonnie Tyler
“Summer” – Calvin Harris
“Tetris” – Dancing Bros.
“You Spin Me Round (Like A Record)” – Dead Or Alive
“Let It Go” – Disney’s Frozen
“Burn” – Ellie Goulding
“Bailando” – Enrique Iglesias Ft. Descemer Bueno & Gente de Zona
“Mahna Mahna” – Frankie Bostello
“Never Can Say Goodbye” – Gloria Gaynor
“I Love It” – Icona Pop Ft. Charli XCX
“You’re On My Mind” – Imposs Ft. J. Perry
“Love Me Again” – John Newman
“Only You (And You Alone)” – Love Letter
“Ain’t No Mountain High Enough” – Marvin Gaye and Tammi Terrell
“Get Low” – Dillon Francis & DJ Snake
“Diamonds” – Rihanna
“Me And My Broken Heart” – Rixton
“Walk This Way” – Run-DMC & Aerosmith
“Don’t Worry Be Happy” – The Bench Men
“Epic Sirtaki” – The Bouzouki’s
“Speedy Gonzalez” – Los Pimientos Locos
“Macarena” – The Girly Team
“Love Is All” – The Sunlight Shakers
“It’s My Birthday” – will.i.am Ft. Cody Wise
“The Fox (What Does the Fox Say?)” – Ylvis
“XMas Tree” – Bollywood Santa
“Fatima” – Cheb Salama

O xogo non só permite bailar, senón que tamén conta con modo karaoke e incluso permite nesta nova edición que os xogadores creen as súas propias coreografías para compartilas co resto de usuarios. Tamén será posible que os usuarios compartan vídeos cos seus bailes, de xeito que os máis votados mesturaranse nun vídeo especial da comunidade.


Trailer de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE