Journey estrea versión para PlayStation 4

martes, 21 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O aclamado xogo Journey, que máis que un xogo está considerado como unha experiencia interactiva moi persoal, estrea hoxe versión para PlayStation 4 a un prezo de 14,99 euros (11,99 euros para os subscritores de PS Plus) e que será de balde para os que xa mercaran a súa versión para PlayStation 3 (xa que o xogo ofrece Cross-Buy).
Como oferta exclusiva da PlayStation Store europea, os usuarios que merquen Journey de aquí ao vindeiro luns poderán recibir de balde un tema estático do xogo para a súa consola PlayStation 4.
O xogo para PS4 tamén será compatible co sistema de xogo remoto, o que permite que os usuarios que teñan unha PS Vita poidan controlar a distancia a partida que corra na súa PlayStation 4.
Sony tamén está a preparar unha edición para coleccionistas de Journey para PS4, que poderá conseguirse en descarga ou en soporte físico a partires do 30 de setembro, e que incluirá tamén a outras dúas grandes obras do estudio thatgamecompany (Flower e flOw).


Tráiler en español do xogo

PUBLICIDADE