Jiayu presenta un par de smartphones 4G para o mercado europeo
xoves, 12 de febreiro do 2015
Os fabricantes chineses van gañando pulo progresivamente no
noso mercado, e algúns chegan a abrir tendas en liña oficiais no noso
territorio, como Jiayu, que ten xa en carteira un par de novos terminais para o
territorio europeo, dos que xa
está dispoñible o Jiayu S3 a un prezo de 225 euros, o que é un prezo
bastante asumible para un terminal 4G con pantalla IPS Full HD de 5,5 polgadas,
procesador MediaTek de oito núcleos a 1,7 GHz e 64 bits, 2 GB de RAM, 16 GB de
almacenamento interno e cámara traseira Sony de 13 MpÃxeles.
Este atractivo terminal tamén conta cunha cámara frontal de 5 MpÃxeles, lector
de tarxetas microSD de até 32 GB, soporte para dúas tarxetas micro SIM, baterÃa
de 3.000 mAh, un grosor de 8,9 milÃmetros e un peso de 189 gramos. Un smartphone
bastante completo que, para os que consideren que non é dabondo, contará en
breve cunha versión con 3 GB de RAM e NFC.
Xa para finais do mes que vén prevese a chegada a España do Jiayu F2,
un terminal máis modesto, que confórmase cunha pantalla IPS de 5 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3
GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD), cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles, dobre SIM, baterÃa de 3.000 mAh e un
grosor de 8,9 milÃmetros, que pretende chegar a un público máis amplo grazas a
un prezo agresivo (en
tendas chinesas pode atoparse por menos de 120 euros).
Cómpre destacar que as compras realizadas na tenda española de Jiayu contan con
garantÃa de 2 anos, e con presenza fÃsica no noso territorio (facilitando o
envÃo dos terminais dentro do perÃodo de garantÃa para a súa reparación) á vez
que están libres de cargos arancelarios á hora de adquirilos a través da
Internet.