Jet Set Radio volverá a patinar no verán

martes, 28 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

SEGA vén de anunciar o lanzamento en formato dixital dun dos xogos mellor lembrados da clásica Dreamcast, que marcou época no ano 2.000, Jet Set Radio, que chegará no verán para Xbox 360, PlayStation 3 e PC. Deste xeito o DJ Professor K, Beat, Gum e todos os GG volven ás rúas nunha versión adaptada á alta definición para competir polo control do Tokyo-to do futuro, marcando o seu territorio con pintadas nas pareces, vallas publicitarias e membros das bandas rivais.
Este título combina unha xogabilidade magnífica, unha completa banda sonora e un estilo artístico innovador, pois estamos ante un dos primeiros videoxogos en facer uso da técnica do cel-shading para dar aparencia de debuxos animados aos seus gráficos 3D.

PUBLICIDADE