Jet Set Radio estreará este verán versión para iOS e Android

venres, 20 de xullo do 2012 Marcus Fernández

No mes de febreiro SEGA anunciou que o xogo Jet Set Radio ía contar cunha versión remasterizada para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, de xeito que as plataformas de alta definición actuais poderían gozar do clásico de Dreamcast con gráficos mellorados e conservando a súa excelente banda sonora, é agora engaden á información que o xogo tamén contará este mesmo verán con versións para iOS e Android, polo que a recuperación deste título gaña aínda máis atractivo, por permitir levar a súa experiencia inicial d dispositivos móbiles.
A versión para iOS e Android de Jet Set Radio tamén conservará a súa xogabilidade, banda sonora e estilo artístico pioneiro, contando con características como OpenFeint e soporte para pantallas Retina. Outra plataforma portátil que tamén poderá gozar deste xogo será a PS Vita, de xeito que a volta deste xogo parece buscar estar ao alcance do maior número de xogadores posible.
Continúa sen anunciarte, nin a data de lanzamento das distintas versións de Jet Set Radio, nin os seus prezos de venda.

Jet Set Radio soportará a pantalla Retina do novo iPad

PUBLICIDADE