Jakob Nielsen critica a falta de usabilidade da Web 2.0

martes, 15 de maio do 2007 Marcus Fernández

O gurú da accesibilidade web, Jakob Nielsen, critica abertamente as páxinas web que se identifican coa Web 2.0 por estimar que abrazaron a interactividade coma un valor primario, esquecendo o básico dunha páxina web.
Así, as webs deben ser fáciles de usar, polo que o seu deseño non debe ser algo que se poida deixar de lado en favor as ferramentas de interrelación entre usuarios. Nielsen afirma que “a idea de comunidade, de contido xerado polo usuarios e de páxinas web máis dinámicas non é inherentemente mala” pero a Web 2.0 non debe distraer das funcionalidades básicas que permita un uso doado de tales webs.
Tamén destaca a famosa pirámide do 1%, que indicará que o 1% dos usuarios da web son creadores de contidos, o 9% son contribuidores e o 90% só consumen, polo que a meirande parte dos usuarios da web no empregan as ferramentas Web 2.0 ás que se lles está a dar tanta importante, mentres que os deseñadores deberían ter máis en conta este tipo de uso da web.
Nielsen destaca que para a meirande parte dos usuarios as páxinas web só son unha ferramenta e non un fin en si mesmo, polo que tras atopar os contidos que desexan, abandonan a páxina, de aí que haxa que coidar este tipo de consumo.

PUBLICIDADE