Ipoki permite xeo-referenciar os twitteos

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Ipoki tira proveito da API de TwitterO servizo galego Ipoki permite que dispositvos móbil co sistema operativo Windows ou Symbian instalen un engadido que permite o uso do GPS dos terminais para distintas aplicacións que vén de achegarse a Twitter.
Deste xeito, os usuarios do servizo de microblogging de Twitter que instalen o engadido da galega Ipoki poderán xeo-referenciar os seus twitteos, ou sexa, que as anotacións que publiquen incluirán información xeográfica, o que podería dar lugar a interesantes aplicacións tanto para uso persoal coma profesional.