Investigan a espionaxe a xornalistas estadounidenses a través de TikTok
luns, 20 de marzo do 2023- Ilustración de Gracelynn Wan para Forbes, un dos medios afectados pola espionaxe a través de TikTok
Dende Forbes están
a dar conta de que o
FBI e o Departamento de Xustiza están a investigar activamente a ByteDance,
a compañÃa propietaria de TikTok, por mor de casos de espionaxe a xornalistas
estadounidenses (entre os que figura Emily Baker-White, da propia Forbes), dos
que terÃase obtido información diversa, incluÃndo a súa localización, como
confirmou a propia ByteDance a través dunha investigación interna efectuada no
mes de decembro.
A compañÃa chinesa despediu a varios traballadores como xeito de evitar a
responsabilidade do sucedido, e aseguran estar a colaborar coas autoridades,
aÃnda que o feito de que a espionaxe fose realizada dende oficinas chinesas non
fai máis que acrecentar as dúbidas sobre a seguridade de TikTok, dando peso ás
iniciativas lexislativas que poderÃan rematar coa prohibición de TikTok nos
EE.UU. (coa posibilidade de que aconteza algo semellante en Europa).
Actualmente tanto o Departamento de Xustiza como o FBI forman parte doa comisión
que demandan a ByteDance que venda a súa participación en TikTok para evitar a
prohibición da aplicación por mor do temor de que o Goberno chinés poidan
empregar a aplicación como ferramenta de espionaxe e de manipulación cidadá.
Polo momento ByteDance non parece estar disposta a desprenderse do seu negocio
fóra de China, e están a apostar pola creación de grandes centros de datos en
EE.UU. e a Unión Europa para manter os datos dos usuarios dentro de cadanseu
territorio, pero no caso de que dende China seguise a ser posible o acceso a
tal información a ameaza á seguridade non se mitigarÃa, polo que o que poida
acontecer con TikTok a nivel global é aÃnda unha grande incógnita.
AÃnda que TikTok sexa unha empresa separada operativamente de ByteDance, tense
corroborado que os directivos de TikTok atenden a ordes directas de directivos
de ByteDance, de aà que sexa bastante difÃcil que as autoridades poidan confiar
nun bo proceder por parte de TikTok.